Visitantes totais

Tuesday, September 20, 2011

Obsolescencia programada

  Deixo aquí un interesantísimo documental que vin hai pocuo e que creo que paga a pena ver.
Vai acerca do non moi coñecido concepto de obsolescencia programada, o cal, non quere dicir que sexa alleo a nós. De feito isto afecta a todo o mundo que compra calquera cousa hoxe en día. Quen non tivo unha impresora que ao cabo do tempo simplemente deixou de funcionar? ou un computador que tras acabarselle a garantía comezou a funcionar mal?.

 A obsolescencia programada consiste en que dun xeito intencionado fabrícanse produtos con menor lonxevidade da que podería acadarse neles. Isto quere dicir que se ben un podructo que podería ter durado unha cantidade de tempo X, xa que a tecnoloxía actual o permite, durará unha cantidade de tempo moi inferior a esta, polo cal transcurrido o tempo "programado" de vida para o producto, deixará de funcionar ou ben o fará pero non terá un bo funcionamento.

 Trátase dun concepto moi reciente, apereceu a comezos do século XX coa aparición do invento de T. Alva Edison, a bombilla. Cando apeceron as bombillas estaban preparadas para durar  miles horas sen ter que cambialas, porén un consorcio de empresas dedicadas á fabricación delas decidiron que sería máis rentable se en vez de miles de horas de funcionamento durasen tan só 1000 horas. Con isto conseguirían que a xente tivese que repoñer con certa asiduidade as súas lámpadas incandescentes vendo así maximizados os seus beneficios. Pero isto tan só foi o comezo do que posteriormente sería acuñado como obsolescencia programada e que hoxe en día está presente en todo tipo de produtos de fabricación industrial.

Sen máis aquí vos deixo os fragmentos do documental.






2 comments:

  1. Gran verdad. Los campeones en esto son los de Apple.

    ReplyDelete
  2. Home eu non teño ningún producto de Apple, pero tiña entendido que se portan bastante ben en canto a iso (salvo unhas versións de ipod paréceme). Outra cousa é que deixen de dar soporte en canto a programas e sistemas operativos de certos productos, pero iso fanno todos. O que máis se salva niso é Google. Aínda así, non son fan da política de Apple.

    ReplyDelete